Translate

jueves, 14 de julio de 2011

OLTRA: EL DEPOR EN SEGUNDA ES EL MADRID O EL BARÇA DE PRIMERA









O novo adestrador do Deportivo de La Coruña, José Luís Oltra, compareceu onte ante os medios de comunicación nas instalacións deportivas de El Mundo del Fútbol.
Oltra quixo agradecer e explicar o que significou para el e para o club o recibimento da afección aos xogadores e ao corpo técnico na tarde de onte. “É impresionante. Ponnos a todos a pel de galiña. Non hai palabras para definir o que estamos vivindo”.
O técnico branquiazul quixo tamén aclarar o tema de ser favoritos transmitindo a súa opinión persoal “Somos o rival a bater e o máximo favorito. Porque somos o Dépor, porque temos o mellor estadio, a mellor afección e a máis numerosa, ademais dunha plantilla moi boa”, asegurou.
O Técnico expresou ademais que, para conseguir un bo rendemento, apelará “ao traballo, á unión, ao esforzo e á actitude”. “Non imos gañar cada semana nin vai ser un paseo militar. Vainos custar gañar un partido sangue, suor e bágoas. Pero facendo unha comparación coido que nós somos o Madrid ou o Barça­ da categoría”.
Sobre as posibles marchas de xogadores tan importantes como Aranzubia ou Colotto, o adestrador amosouse optimista. “Espero que non se vaian, pero isto é fútbol e ás veces aparece unha situación que non esperas”, mais “a tixola polo mango tena o club”, concluíu.fuente xornal

No hay comentarios:

Publicar un comentario