Translate

miércoles, 19 de febrero de 2014

JUAN DOMINGUEZ VISITA ASPRONAGA


Miércoles 19/02/2014 08:35, canaldeportivo, A Coruña
Juan Domínguez demostrou hoxe que a súa altura como persoa é superior ainda á súa calidade como futbolista. No día de descanso da plantilla, Juan Domínguez visitou hoxe martes durante toda a mañá o Centro Laboral Lamastelle (Oleiros), pertencente a Aspronaga, que conta con arredor de douscentos alumnos con discapacidade intelectual.
Á súa chegada, un numeroso grupo de usuarios esperaba o futbolista baixo unha grande pancarta, preparada para a ocasión, ataviados con camisolas e bufandas branquiazuis e entoando cánticos deportivistas. A seguir, o xogador compartiu o tempo de descanso con todos os presentes e visitou o centro, tanto as cinco unidades do Centro de Día como os catro talleres do Centro Ocupacional. En total, foron máis de dúas horas de visita nas que Juan Domínguez asinou innumerables autógrafos en camisolas, bufandas, bandeiras e calquera soporte improvisado e retratouse con todos eles.
Tampouco faltaron as preguntas sobre como lles ía co novo presidente ou outras un pouco máis comprometidas sobre se se gaña moita ?pasta? xogando no Deportivo.

Aínda que esta é a primeira vez que o '10' branquiazul visita o Centro Laboral Lamastelle, a relación entre Aspronaga e o Deportivo é moi estreita. O propio Juan Domínguez xa visitou noutra ocasión e xunto a outros compañeiros o colexio de Aspronaga; e deportivistas como Valerón ou Manuel Pablo visitaron os centros da Asociación. Alén diso, un grupo de persoas con discapacidade intelectual acoden, a través do Servizo de Ocio, todos os domingos aos partidos do Deportivo en Riazor.@xalomonte