O dianteiro fíxose coa titularidade no Depor patricia g. fraga
Luis Fernández pechou semanas atrás o seu perfil de Twitter canso das críticas que recibiu nos seus primeiros partidos co Deportivo. O de Burela estaba afeito aos eloxios.
“Sei que cando un fai goles e xoga ben é gabado e cando non, é un xogador malo. Con iso hai que convivir. Non estaba afeito ás críticas porque no Fabril me saían as cousas ben e agora estou preparado para o que veña, para as cousas boas e malas”, admitiu o canteirán.
O dianteiro apenas usaba esa rede social: “Sinceramente, non me achegaba nada, nin escribía. Ler si, pero creo que iso é para xornalistas e afección, que os xogadores non deben meterse nesas cousas porque uns opinarán ben, outros mal e a min non me estaban a saír as cousas, era criticado, pero como eran as primeiras (críticas) non me sentaban moi ben e por iso decidín quitarme desas cousas”.
Centrado no céspede e non no mundo virtual, o dianteiro vive unha semana especial polo Deportivo-Lugo. El naceu en Burela. “Vai haber un ambiente excepcional, son da provincia de Lugo, aínda que nunca estiven vinculado ao club, pero sempre é especial enfrontarte a eles”, dixo. Na súa localidade natal, os afeccionados eran do Deportivo e o Celta.
“Agora hai máis cariño co Lugo”, apuntou Luis Fernández, quen admitiu que “de pequeno non seguía” ao equipo vermello e branco.
A pesar de que é un encontro distinto, o dianteiro enfócao “como un partido normal”.
“O ambiente é diferente e, se conseguimos a vitoria, sempre te dá máis moral, pero no campo tes que ter a cabeza fría. Debemos estar tranquilos e enfocalo como un encontro normal”, declarou.
Non será como o derbi co Celta, que é “histórico”. “Pero agora temos a sorte de ter o Lugo aí e vai ser bonito, especial. Os derbis sempre son os derbis”, dixo antes de sinalar que “o Deportivo sempre ten a obriga de gañar”.
“É un equipo grande que agora está en Segunda, pero intentaremos levalo onde se merece o club, a cidade e a afección”, prometeu.
Do Lugo, destacou a súa proposta elaborada: “É un equipo que xoga ao ataque, que se abre e deixa espazos e intentaremos aproveitalo co noso fútbol”. É dicir, con seriedade defensiva e ao contragolpe.
O obxectivo: a quinta vitoria consecutiva. “Está claro que os refachos son froito do bo facer do equipo. Estamos a traballar para mellorar no xogo e as vitorias e puntos danche máis confianza e esperemos seguir o refacho”, sinalou.
Luis non se sente só arriba. Asume o seu rol nun equipo que prioriza a defensa. “O noso futbol é ser sólidos atrás, non ser vulnerables e poder pillar un contraataque. O dianteiro do equipo ten que acostumar a axudarse nesas tarefas que son importantes”, apuntou.
O dianteiro sabe que na súa posición o que máis relevancia ten son os goles, pero non lle quitan o sono. “Cando fas goles estás máis contento, pero ser goleador dáme igual. Prefiro asistir e conseguir os tres puntos”, expuxo.
En ataque, o Deportivo aínda está en construción: “Chegaron xogadores ao final do mercado e estamos a traballar en mellorar o xogo. Está claro que o que temos máis forte é a defensa porque o traballamos dende pretempada. É difícil que nos fagan gol e, se nos poñemos por diante, temos moito feito”. Con todo, ten “claro que cando un ten balón pode ofrecer máis cousas do seu fútbol” que cando non está o esférico no seu poder. “Son máis solidario cos compañeiros. É o que teño que facer e creo que estou na liña correcta”, concluíu.VIA IG. @xalomonte