Translate
viernes, 20 de mayo de 2016
A VOLTA DA SELECION GALEGA ESTA TARDE EN RIAZOR CONTRA VENEZUELA
Após unha ‘longa noite de pedra’ de oito anos sen aparición algunha a selección galega de fútbol retorna esta tarde á competición en Riazor (20.30 horas) nun encontro ante Venezuela que marcará o estado de saúde do deporte rei en Galicia.
Baixo a dirección de dous ilustres exfutbolistas de Depor e Celta, como Fran e Míchel Salgado, respectivamente, que vertebraron a elite galega deste deporte nos últimos anos, a ‘Irmandiña’ tentará vencer a un cadro competitivo como Venezuela, que dispón nas súas filas de homes importantes como Rosales e Juanpi (Málaga), Peñaranda (Granada) ou Rondón (West Bromwich ), que ultiman a preparación da vindeira edición da Copa América Centenario nunha xira de carácter europeo.
Os siareiros galegos chegados a Riazor dende todas latitudes —máis dun cento de buses foron fletados pola Federación— poderán revivir sensacións máis que agradables desde as bancadas de Riazor, curiosamente o mesmo estadio do último encontro do combinado galego en 2008 ante Irán.
Xa coa competición ligueira finiquitada, os adeptos do Deportivo en concreto terán a oportunidade de ver de novo a homes da calidade de Álex Bergantiños, Mosquera, Juan Domínguez ou Lucas Pérez, que conformará unha espectacular dupla na punta de ataque con Iago Aspas –moi desafortunado nos seus cánticos de celebración trala conquista da Europa League–.
O deportivista do barrio de Monelos e o céltico de Moaña tiveron o privilexio de sumar 31 tantos en Primeira na campaña 15-16 e representan o estado de saúde excepcional do balompé galaico.
Estes dous dianteiros non estarán nen moito menos aillados, toda vez que o resto dos seleccionados por Fran e Míchel Salgado posúe unha calidade contrastada: xogadores do calado de Iago Falque, Denís Suárez, Fran Rico, Jota Peleteiro ou Joselu achegarán espectáculo e sentimento a un Riazor envolto nunha atmósfera festiva total.
Aínda que nesta clase de encontros o de menos é o resultado, o combinado galego deixarase a pel para obter unha victoria coa que a maioría dos xogadores pecharán a tempada 15-16.
No bando da ‘Vinotinto’ o choque contra Galicia será a estrea desde o banco do seleccionador Rafael Dudamel, que deu o salto desde as categorías inferiores deste equipo en abril despois da demisión de Noel Sanvicente.
O envite será retransmitido en directo a través das cámaras da TVG e prevese unha afluencia de adeptos notable nas bancadas, entre eles moitos emigrantes venezolanos.VIA IG.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)