17/04/2013 - Galiciaé LV / Axencias
O xuíz substituto do Xulgado do Mercantil
número 2 da Coruña, Rafael García, que leva o proceso concursal do
Deportivo, decidiu manter sen soldo o presidente do club coruñés,
Augusto César Lendoiro, e o seu consello de administración.
Nun auto que fixo público hoxe o Deportivo na súa páxina web oficial, o xuíz desestima o recurso de reposición que interpuxo o club contra a providencia que ditara o xulgado o 12 de marzo e na que se establecía deixar sen remuneración ao consello de administración que preside Lendoiro.
Ata a entrada do Deportivo en concurso o pasado mes de xaneiro, o presidente percibía o un por cento do orzamento da entidade, pero o xuíz deixoulle sen retribución tal e como solicitou o administrador concursal, a sociedade AD Cryex, no escrito que presentou no xulgado o 13 de febreiro.
O xuíz tamén desestimou o recurso de reposición interposto polo Deportivo contra o auto de data 11 de marzo no que se revogaba o nomeamento do actual auditor de contas da sociedade, a firma Olszewski Auditores.@xalomonte

No hay comentarios:
Publicar un comentario