Actualizado 17 Marzo 2013 - 02:38 h.
|
el tã©cnico logrã³ su primera victoria desde que cogiã³ al depor susy suã¡rez
Fernando Vázquez é feliz no Deportivo. A oportunidade de sentarse no banquiño de Riazor chegoulle, quizais, tarde, pero quere aproveitala ao máximo. No derbi explotou de xúbilo. Onte, mentres vía ao Fabril en Abegondo, atendeu con amabilidade, sinceridade e profundidade, a chamada deste diario.
Unha noite pasei de estar parado a mil. Foi o que significou
a chamada do Depor
-¿Como é a resaca do derbi?
-Foi unha vitoria necesaria, urxente, necesitabamos osíxeno, a nosa afección tamén para seguir crendo, para alimentar a nosa fe, porque ás veces é fe, case cuestión de fe. Estes quince días que non temos competición danos para seguir traballando, cambiando a dinámica do equipo, que sexa un bloque compacto, áxil, flexible, dinámico, que estea preto sempre da pelota, que sexa difícil de superar. É o que lles pido. Esta vitoria é marabillosa porque estamos tranquilos, confiados.
-Antes do partido, quitabaslle ferro, non o vías como unha finalísima. ¿Víalo realmente así?
-Sendo realistas, era moi importante a vitoria, pero matemáticamente, racionalmente, se temos que gañar sete ou oito partidos de once, quedarían aínda dez. Dicíao nese sentido. Pero sabía que nos estabamos quedando sen petróleo, que quizais quedabamos tirados na cuneta e sen capacidade de reacción porque a enerxía mental vaise acabando e esa comuñón coa afección pois quizais deixaba de transmitir enerxía porque podía empezar a deixar de crer e sería súper negativo. Aínda que matemáticamente fose posible, a enerxía eléctrica e a de gasolina quedaría moi sen carga e sería moi difícil arrincar. Esta semana sería moi complicada.
-Gústanlle moito as metáforas.
-Ás veces, son situacións difíciles de explicar. Explicar un sentimento, unha emoción non é fácil. Cunha metáfora, unha parábola, todo se explica mellor.
-¿Vai relacionado coa súa profesión de mestre?
-Non sei de onde me ven. Ao principio si me axudaba ser profesor porque enfrontarse a un vestuario non é moi distinto a enfrontarse a rapaces, que son un pouco máis mozos. Co paso do tempo vas adquirindo novas estratexias.
Síntome como
un cañón, como cando debutei
en Primeira
-Estiveches moitos anos sen adestrar a nivel de Liga, como foi este tempo?
-Nos primeiros dous anos e medio foi un retiro voluntario, non me sentía ben para adestrar, estaba moi desgastado, con algúns problemas persoais. Despois quixen volver, pero estaba acomodado e ás veces pensaba que no fondo non estaba facendo o que tiña que facer para volver adestrar. Deixeime ir un pouco e o tren empezaba a escaparse.
-Cando menos esperaba, pasou o tren que quizais levabas tempo buscando.
-Certo. Unha chamada de teléfono cambiou a miña inercia. De estar quieto-parado a volver sentir sensacións de fútbol, a subir a tensión. Unha noite pasei de estar parado a estar a mil. Iso foi o que significou a chamada do Deportivo.
-Ante o Celta volviches mostrar ese selo que te identifica que é o das carreiras pola banda.
-No terceiro gol, porque significaba a vitoria. Tiña ganas de celebralo coa afección. A xente estase portando comigo dunha forma sensacional, marabillosa sabendo no momento que estamos e grazas a eles seguimos aquí. Si eles nos abandonan, sentiriámonos sos, sería todo moito máis duro e ante o Celta foi un día marabilloso, unha comuñón co equipo sensacional, o equipo respondeu e nese abrazo a Hermida abracei a toda a cidade da Coruña.
-¿Rexuveneceu con esa celebración?
-É que me sinto como un canón. Tiña unha dúbida de como me ía sentir. Síntome como cando fichei polo Compostela, como cando debutei en Primeira. Estou cheo de enerxía.
-¿O derbi cambia vivilo ao lado do Deportivo que do outro?
-É parecido, pero o que sentín esta vez, sobre todo ao final do partido, nunca me pasara. En Vigo víase de forma diferente, quizais con máis excitación, tensión, pero ás veces con máis desunión. Parte da afección do Celta non convivía comigo. Paseino mal en moitos momentos. Ás veces a sensación era de incomodidade. Na Coruña sentín un apoio xeneralizado, non había dúbidas, estaba feliz e manifestei toda a miña alegría. O que vivín ao saír do estadio foi impresionante, incrible.VIA IG. @XALOMONTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario