Translate

miércoles, 7 de diciembre de 2011

FAÍ MAIS DE ONCE ANOS QUE O DEPOR NON PERDE CO NUMANCIA






O Deportivo acumula máis de once anos sen perder ante o Numancia, ao que recibirá o sábado ás 18:00 horas no estadio municipal de Riazor.

Coruñeses e sorianos non se enfrontan desde o 1 de marzo de 2009, día en que mediron as súas forzas nos Pajaritos con vitoria pola mínima dos deportivistas (0-1) cun solitario tanto de Juan Rodríguez na recta final do encontro.

Esa tempada, o Numancia, que tamén perdera en Riazor polo mesmo marcador (1-0, gol de Ángel Lafita), baixou a Segunda División, categoría na que se reeencontrará co Deportivo, que descendeu en maio deste ano logo de vinte tempadas en Primeira.

Na anterior campaña dos sorianos en Primeira, tamén se repetiu o resultado de Riazor e dos Pajaritos (esta vez 1-1), onde concluíu o campionato co descenso do conxunto numantino.

Máis ampla foi a vitoria dos deportivistas o 10 de marzo de 2001 (4-1), medio ano logo de haberse imposto en Soria (1-2).

As dúas derrotas do Deportivo ante o Numancia remóntanse á primeira tempada do conxunto soriano en Primeira División, a 1999-00, na que, paradoxalmente, os coruñeses conquistaron o único título de Liga que loce nas súas vitrinas.

Esa tempada, o Deportivo perdeu 0-2 o 26 de setembro na primeira visita dos numantinos ao estadio de Riazor e tamén caeron nos Pajaritos (1-0) na vixésimo cuarta xornada, o 13 de febreiro de 2000.

Nese encontro, ao porteiro camerunés Jacques Songo'o anuláronlle un gol legal de cabeza nos últimos minutos, unha fazaña que si logrou a tempada pasada Dani Aranzubia ante o Almería, fronte ao que se converteu no primeiro gardameta que marcou de cabeza na liga española.Fuente Galiciae. @XALOMONTE

No hay comentarios:

Publicar un comentario