Translate
domingo, 13 de noviembre de 2011
O NOSO DERBI SOARA EN GALEGO
Son moitas as voces que reclaman un proceso de galeguización do Deportivo, clube que en tódolos ámbitos se desenvolve únicamente en castelán. A boa nova é que hoxe, con motivo da visita do Celta, a megafonía de Riazor soará en galego, como anunciou o clube en Twitter: "Naya (speaker do estadio) o domingo traballará en galego". É unha gran noticia para moitos siareiros deportivistas, como ben recoñeceu precisamente no Twitter o Deportivo, dicindo que "algún non se cansou de pedilo estos días".
Son moitas as voces que piden un proceso de galeguización do Deportivo. Luis Couto foi un dos precursores deste tipo de iniciativas. Teñen un grupo no Facebook e xa repartiron folletos en Riazor baixo o lema "por un Dépor en Primeira e en galego".
Luis asegura que "os propios estatutos do Deportivo contemplan a vinculación do clube coa cultura galega" e afirman que dende a plataforma agora queren reunirse coa directiva para explicarlles a súa postura.fuente la opinion.@XALOMONTE
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario