Translate

sábado, 25 de junio de 2011

AMIGABLE CONTRA O RAYO EN AGOSTO












O Deportivo xogará ante o Rayo Vallecano o cuarto amigable da pretempada correspondente ao Trofeo da Galleta da localidade palentina de Aguilar de Campoo, o sábado 6 de agosto.

O primeiro plantel branquiazul foi invitado a xogar este tradicional torneo ante un rival recentemente ascendido desde Segunda División, categoría na que militará o ano que vén o conxunto galego.

Así, desde o club péchase un partido que valerá para comprobar o nivel dos xogadores no ecuador da pretemporada e ante un bo rival, ante o que realmente se poderán ver as opcións do conxunto herculino para a próxima campaña na categoría de prata do fútbol español.

Confirman, polo tanto, o cuarto amigable do verán tras o que se disputará ante o Racing Vilalbés o 24 de xullo, o que terá lugar o 27 en Negreira con rival aínda por determinar, e o que enfrontará ao Deportivo co As Pontes o día 30.

No hay comentarios:

Publicar un comentario