Tres, dous, un... Acción. Empeza a tempada en Segunda B e o técnico do Deportivo, Fernando Vázquez, sente a espiral. “Teño un pouco de ansiedade por saber onde estamos e ante un rival importante para ver como imos competir nesta categoría. É unha estrea e estamos algo nerviosos, ou eu polo menos así me atopo. Non sabemos o noso nivel nin o dos rivais e esa incógnita sempre está aí ata que empecemos a xogar”, confesou.
1Aspectos a mejorar de la pretempada
Vázquez ten claro onde debe progresar o Deportivo, pero pide tempo. “Espero que fagamos as cousas mellor no que estamos a adestrar e non vai ser fácil porque o equipo necesita partidos para rodarse e coller ritmo, que é o concepto máis importante do fútbol. Espero que grazas a ese ritmo competitivo demostremos esa superioridade que deberiamos tener. Non se pode esperar que agora mesmo o Deportivo demostre todo o potencial. Na interpretación do xogo é onde espero que esteamos mellor”, recoñeceu.
O míster admitiu dúbidas na “elección dos xogadores” no primeiro partido.
2Público na grada de Riazor
Non serán moitos afeccionados, pero xa é algo. “Ten unha importancia vital. Unha cousa positiva do equipo é que descendemos a Segunda B, pero con todo non temos fractura social, a relación equipo-afección segue sendo boa. Imos ter unha mínima expresión de público. Somos 20.000, espero gañar os cinco primeiros partidos e a ver se chegamos a 30.000, que sería impresionante. Desde que nos fomos con aquel partido (Fuenlabrada), pisámolo unha vez, fáltanos un pouco de contacto con este estadio. É importante que os xogadores se habitúen a onde van xogar. Con 3.000, algo de calor imos ter e esperemos dedicarlles a primeira vitoria da tempada”, expuxo.
Ese partido en Riazor foi na pretempada ante o Arzúa. Despois, deixou dúbidas nos seguintes. Vázquez quítalle importancia. “Unha pretempada é unha pretempada, nunca me preocuparon os resultados nin cando estaba en Primeira, non me parecen importantes, tes que adestrar ao equipo, preparalo, non me acordo na miña carreira dos partidos de pretempada, posiblemente teña máis derrotas que vitorias, non me importa porque para min é unha parte do adestramento, non o contemplo como competición e os resultados para min son o de menos. Se estou disgustado por algo é por como funcionou o equipo en Valladolid. O único amigable era o resultado, tiñamos que mostrar conceptos adestrados e fallamos niso nalgún momento e pareceume máis grave”, sostivo.
3 O formato da Segunda B
Á incertidume do inicio de tempada súmase o formato. “Claro non o pode ter ninguén porque é un sistema competitivo diferente, novo, que non che permite relaxación. Tes que gañar unha vez, outra, a seguinte e a próxima. Perder partidos é complicado porque arrastras os puntos e é unha cousa que me parece anticompetitiva porque hai unha desigualdade notoria. Para nosotros é importante saber cómo vai o outro subgrupo para a fase posterior”, sinalou.
Asume que “o Deportivo ten a obrigación de gañar todos os partidos. Sei que é imposible pero a responsabilidade é esa”, precisou. O equipo é o rrival a bater. Sábeo. “Ese papel está asumido, por suposto, é inevitable. Non depende de nós e así nos van ver, pero non me considero mellor que ninguén e o equipo , tampouco. Humildade. Os futbolistas téñense que dar conta de que son de Segunda B e os que teñen en fronte, tamén. Se pensamos que somos superiores, equivocámonos.
4 Nomes propios do Deportivo
Falou de Borja Galán, inédito na pretempada. “Físicamente está ben, non ten ningún problema muscular. Apenas puido achegar nos amigables e é unha situación bastante clara para min, de inicio non vai participar e aos poucos veremos se pode ir entrando. Pódenos dar moitísimo e é polifuncional, porque pode funcionar en moitas posicións. Teño que velo en plenitude”, dixo.
Outro con dúbidas, Uche Agbo. “Vén dunha lesión longa, con problemas, empezou a adestrar e tiña dor, xogou 30 minutos en Valladolid e todo o mundo pode entender que vai xusto de preparación e non é futbolista que entre rápido en ebulición, xa o vimos o ano pasado”, recordou.
Diante, sin Rolan en con Rui Costa tocado. “Teño catro dianteiros neste momento (Con Adri Castro). Rui Costa vai estar, pero é un caso parecido a Uche, polo seu estado de forma. Entra en convocatoria para estar connosco, sinceramente. As súas posibilidades de xogar non van ser demasiadas, salvo que teña unha necesidade urxente”, comentou. Todo eso lévalle a pensar “nunha variación do 4-4-2” que “está encima da mesa”.
5Quédanlle catro partidos de sanción
“Esperaba amnistía polo presidente da Federación tras ter eleccións, pero parece que había problemas xurídicos. “estarei bancada pero espero que preto do banco”, dixo o míster deportivista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario