Augusto César Lendoiro presenta a súa candidatura ás elecciones do Real Club Deportivo da Coruña o vindeiro xoves 12 de decembro, ás 20.30 horas nos Salesianos.
O actual presidente do Deportivo opta por un escenario cargado de simbolismo, historia e emotividade, porque se trata do mesmo lugar no que Augusto César Lendoiro iniciou o seu camiño á fronte do club brancoazul hai máis de vinte e cinco anos.
Ademais, é desexo do propio Augusto César Lendoiro que o acto sexa aberto ao público para que todo o que teña interese poida escoitar a presentación do proxecto do seu equipo para ás elecciones que se van celebrar o vindeiro mes de xaneiro.
A hora do acto, 20:30h., foi especialmente elexida pensando en que as obrigas laborais afecten o menos posible e poida asistir libremente o que así o desexe.
Co obxectivo de facilitar o labor dos medios de comunicación, tras a presentación ao público, Augusto César Lendoiro ofrecerá unha rolda de prensa o venres 13 de decembro na sala de prensa do estadio de Riazor.VIA STADIOSPORT. @xalomonte
No hay comentarios:
Publicar un comentario