Translate

jueves, 10 de octubre de 2013

FERNANDO VAZQUEZ: "QUERO MÁIS PROFUNDIDADE

 | Actualizado 10 Octubre 2013 - 02:00 h.
O preparador branquiazul restou importancia ao incidente entre Culio e Luisinho  iratxe vieites
O preparador branquiazul restou importancia ao incidente entre Culio e Luisinho iratxe vieites
Fernando Vázquez quere dar máis amplitude ao xogo do Deportivo e onte traballou o habitual 4-2-3-1 pero tamén o 4-1-4-1. “Non é unha novidade porque xoguei con el nalgún partido”, matizou o técnico antes de sinalar que con esa modificación no esquema “o único que cambiaría sería a situación de Juan Domínguez con respecto a Wilk”.
O míster non adiantou se se decantará por poñelo en práctica en Barcelona o próximo fin de semana, pero si falou do que levaría consigo ese sistema. “Anchearía un pouco máis o campo, daríame máis amplitude porque teño xogadores de banda como Luisinho, Arizmendi, Núñez, Rudy... Ás veces, faltaba amplitude e, cando falta amplitude, falta profundidade. É o problema que tiña o equipo na casa: dominio estéril por falta de finalización, de ocasións de gol”, declarou o de Castrofeito.
Para dar profundidade, Luisinho podería volver actuar de extremo, como na segunda parte ante o Mirandés. “Si, é unha posibilidade de inicio. Veu como lateral esquerdo pero esa posición tampouco lle resulta descoñecida e ten calidade abondo para xogar aí. Pode xogar como volante en vez de lateral. Ten longo recorrido, penetración, desborde e gran centro. Non tería por que sufrir aí”, xustificou.
A de Rudy é outra opción. “Xa comentei que a Rudy o fichamos para banda e como segunda posición, de media punta ou punta como o outro día. É un futbolista moi participativo, o outro día foi un dos mellores, pero se o sistema lle obriga a estar máis quieto vaino cumprir, non me queda dúbida e Culio e Juan Domínguez estarían máis centrados”.via IG. @xalomonte

No hay comentarios:

Publicar un comentario