Translate

sábado, 7 de septiembre de 2013

F. VAZQUEZ: "QUERO FACER UN EQUIPO GRANDE"

 | Actualizado 07 Septiembre 2013 - 02:11 h.
o adestrador escoita a proposta dos futbolistas, que queren adiantar as liã±as javier alborã©s
o adestrador escoita a proposta dos futbolistas, que queren adiantar as liã±as javier alborã©s
O equipo, tal e como sinalou Culio esta semana, pide un estilo máis ofensivo. Fernando Vázquez adiantará aos seus xogadores sempre que haxa un esforzo extra a nivel defensivo. Para o técnico, a clave é ser un equipo fiable. Así é como se constrúe, pensa el, o equipo grande que quere formar.
“O equipo quere ir un pouco máis arriba e estamos aí, discutindo. Se eles cren, é un bo punto de partida. Iso esixe comportamentos especiais, específicos e se están dispostos a pagar ese prezo, non hai problema. Os equipos grandes son equipos sólidos, tamén ben posicionados. Eu non quero facer un equipo pequeno, senón grande dende unha maior fiabilidade”, razoou o preparador branquiazul.
Manter a portaría cero deu ao Deportivo os seis puntos que sumou esta tempada. “En Segunda División, todos os equipos, aínda que pareza que, non se lle dás posibilidades de facerche dano, cho van facer. Se ao rival lle sacamos as posibilidades de facernos gol, o máis normal é que poidamos gañar. E tamén somos un equipo novo. Así que partiremos desa base”, explicou tras a penúltima sesión.
Fisicamente, o Deportivo pasou por enriba dos seus adversarios nos primeiros encontros. Pero Vázquez non parece convencido de todo. “O equipo transmite boas sensacións pero hai que corroboralas. Non sei se temos tanta forza como parece”, declarou.
riazor, un 'búnker'
A única derrota da tempada produciuse en Riazor. Toca empezar a levantar un fortín. Se perdésemos só os partidos de casa e gañásemos os de fóra, non daría (para ascender). Hai que gañar os de casa tamén”, apuntou.
“Eu creo que imos ser un equipo difícil, pero imos ser prudentes, nada eufóricos porque isto é moi longo. Se mantemos a unidade e somos competitivos de verdade e facemos que o estadio de Riazor sexa un búnker imos ter posibilidades”, comentou o de Castrofeito.via IG. @xalomonte

No hay comentarios:

Publicar un comentario