Actualizado 05 Septiembre 2013 - 02:00 h.
|
fernando, coa nova equipación onte en abegondo pedro puig
O adestrador do Deportivo, Fernando Vázquez, non quixo valorar as verbas de Lendoiro do pasado luns, cando o acusaba de non respostar ás chamadas telefónicas feitas dende o clube para pedir a súa presenza na Praza de Pontevedra co gallo de facer presión ante os administradores concursais para conquerir a fichaxe de Álex Geijo.
Vázquez limitouse a explicar que non fai ningunha falla que se lle solicite esixencia, nin a el nin aos seus xogadores, xa que é algo que amén de suporse, sempre quedou máis que patente na forma de ser e de encarar o fútbol e a vida por parte do técnico: “Esas cousas non ten que decirmas o presidente. Eu nunca baixei os brazos, sempre tirei para adiante, sempre mantiven a calma e o seguirei facendo porque non sei facer outra cousa”, dixo o adestrador branquiazul.

satisfeito do plantel
O técnico amosouse satisfeito polo plantel confeccioado para esta temporada, pero tamén deixou claro que na parte ofensiva ao equipo fáltalle un dianteiro que fortaleza a liña de ataque. “Creo que ao final conseguimos unha plantilla digna, con moita calidade ainda que corta. Entendo que vai ser competitiva. Creo que o clube fixo un gran traballo empezando polo presidente, Ernesto Bello... traballaron arreo e creo que ao final conseguimos un equipo que empeza a dar un pouco o seu nivel e que se pode ver que podemos facer cousas interesantes”, manifestou Vázquez despois de brindarlle aos seus unha sesión de traballo dura e esixente na liña que pide o presidente Lendoiro.
Ten que chegar unha fichaxe máis que incluso podería ser a de Lassad. “Inda que no último momento quedamos un pouco cortos nunha posición moi importante para min como era a posición de dianteiro e eso nos vai a reducir as posibilidades de buscar este ano o ascenso. Eso non quere decir que non o vaiamos a intentar pero o que é evidente e que ao ter menos pólvora tes menos capacidade de repetir certas situacións e hai que ter moita sorte para que os xogadores que temos non se nos lesionen. Por outra banda ainda seguimos buscando no mercado libre a ver si hay algo interesante e si o atopamos a un precio que se axuste á ‘pasta’ que temos a ver se o podemos incorporar”, explicou o adestrador.
Voltando ao tema da esixencia que parece solicitarse de manera inistente dende a Praza de Pontevedra e sobre todo despois das verbas de Lendoiro o técnico deixou claro que pensa no ascenso, é evidente, pero tamén é certo que a Segunda División é longa e difícil, así que a prudencia debe ser compañeira nesta viaxe pola liga de prata.
“Sempre hai que esixir o máximo, con comprensión, un equipo que non se sinte esixido sempre te vai a dar un pouco menos. Hai que facelo con consciencia sabendo a realidade da situación. Eu aos xogadores, como digo sempre, voulle pedir o máximo, intentar gañar cada partido, partido a partido e a ver a onde chegamos. Deus queira que podamos estar o ano que ven en Primeira División porque eso significaría unha lotería impresionante para o clube a nivel económico”, concluiu o adestrador deportivista. O compromiso de Vázquez xa quedou sobradamente amosado dende a súa chegada. Dubidar del é facelo do propio Depor.via IG. @xalomonte

No hay comentarios:
Publicar un comentario