10/06/2013 - Galiciaé LV / Axencias
Augusto César Lendoiro, presidente do Deportivo, prometeu hoxe que, a
pesar das dificultades económicas do club e de que abrirá as portas do
primeiro equipo á canteira, presentará a próxima tempada na liga Adiante
un persoal "con posibilidades claras de ascender" baixo a dirección de
Fernando Vázquez, ao que renovou.
"Estou
convencido de que imos presentar un equipo que ten posibilidades claras
de ascender. Imos competir polo ascenso", comentou o dirixente, que
compareceu ante os medios de comunicación xunto ao técnico que estará á
fronte do equipo as dúas próximas tempadas e unha terceira se consegue o
ascenso no primeiro ou o segundo intento.
Na presentación do acordo co adestrador galego, que se fixo cargo do banco o pasado mes de febreiro e que rozou o milagre da permanencia, Lendoiro foi ambicioso nesas manifestacións, pero moito máis prudente durante a maior parte da rolda de prensa. Nela, pediu paciencia á afección na aposta pola canteira, que é "o proxecto de futuro, pero non de inmediato presente". "Que ninguén perda a esperanza de que o equipo vai intentar ascender, pero non se pode pedir que sexa o obxectivo único. Non aceleremos demasiado o tema porque para a canteira, para o club e para Fernando sería perigoso", indicou.
O presidente expresou a súa "confianza cega" no técnico "porque demostrou en todos os equipos nos que estivo que sacou xogadores da canteira e que triunfaron". ''Pode que sexa o momento de apuntarse a que ese é o futuro de verdade do Deportivo pero hai que ser cautos tamén, no sentido de que non lle esixamos aos mozos máis do que lle debemos esixir. Non podemos pensar que xogadores de 16, 17 ou 18 anos vaian ser unha solución inmediata", apuntou.
Lendoiro destacou que o contrato que lle ofreceu a Vázquez é, quizais, o "máis longo" que asinou ata agora no Deportivo, no que leva case 25 anos. "É un proxecto moi ilusionante, quizais o máis ilusionante de todos, pero é lento porque como todo nesta vida hai que vivir esa cultura, que é lenta, pero que cando chega, é para toda a vida", sinalou.
O presidente expresou o seu desexo de que non sexan "tres anos senón 33" con Fernando Vázquez, quen recordou que "nos clubs" nos que estivo "sempre se encargou de mirar "para abaixo" e dar "oportunidades". "Se o primeiro adestrador tira de canteira, hai canteira. Sempre que haxa un xogador con posibilidades de competir co primeiro equipo, dependendo un pouco de onde esteamos, vai ter cabida", comentou.
Pero non só recorrerá á canteira o adestrador galego, que espera a chegada de reforzos na liña de ataque. "Prefeririamos calidade antes que cantidade (nas fichaxes). Nesta situación económica hai gastar ben a pasta e concentrala naquilo que non se poida construír. Defensivamente, pódese construír máis fácil que a nivel ofensivo porque hai que ter sesenta goles no equipo para ascender", declarou.
Sobre a configuración do persoal indicou que "con 19 profesionais máis dous porteiros" chegaríanlle e entre os que terá á súa disposición estará o portugués Bruno Gama. Así o indicou o presidente Augusto César Lendoiro, quen se mostrou "convencido" de que o extremo "continuará no Deportivo", do que si poden saír outros futbolistas con contrato en vigor polas súas altas fichas.@XALOMONTE

No hay comentarios:
Publicar un comentario