Translate

domingo, 7 de abril de 2013

FERNANDO VAZQUEZ: "ESTOU A VIVIR UNHA EXPERIENCIA INIGUALABLE"


 | Actualizado 07 Abril 2013 - 02:00 h.
vã¡zquez comeza a mirar cara arriba na clasificaciã³n susy suã¡rez
vã¡zquez comeza a mirar cara arriba na clasificaciã³n susy suã¡rez
Fernando Vázquez é o artífice da resurrección dun equipo que parecía morto cando o colleu en febreiro, que tiña moi pouca vida hai tres xornadas, e que agora se meteu de cheo na batalla pola permanencia.
“Estamos emocionados, encantados e contentos. É a realidade. A resposta da afección é marabillosa, sensacional. Estamos felices, onde pensabamos estar. Tiñamos esa fe en que o equipo podía reaccionar. Seguimos na cola, pero temos osíxeno para seguir crendo. Imos sufrir como sempre, pero por unha causa bonita e agradable, non sufrir por estar alá abaixo. A afección ten unha razón para seguir apoiándonos”, comentou en rolda de prensa.
“Estou a vivir unha experiencia inigualable. Grazas á afección, ao apoio, ao cariño que sente o equipo e que eu sinto no equipo. É extraordinario”, confesou o preparador de Castrofeito, que se cansou “de dar abrazos” á conclusión do choque.
Cando atendía aos medios de comunicación, o Barcelona comezou a encarrilar o partido ante o Mallorca. “Nós gañamos, que é o máis importante. Gañando oito, fagan o que fagan os demais, poderían chegar, pero se nos fan o traballo, moito mellor. Todo o que sexan axudas mellor para nós, para quedar en Primeira”, explicou.
O Deportivo está na pelexa e, segundo o técnico, “a responsabilidade é maior”.
“Agora temos a Zaragoza a tiro. Tamén pretendiamos gañar a diferenza de goles, pero non puido ser”, indicou.
“O equipo pretendeu facer algo que nos custaba. É evidente que estaba nervioso e tenso, pretendeu ter a pelota máis do habitual, conseguímolo pero cometemos algún erro e no segundo tempo falamos de que coa defensa gañariamos o partido porque o Zaragoza nos daba posibilidades. Estaba preparado para collelo á contra. O equipo gañou con solvencia. Tivemos ocasións claras”, dixo.
Vázquez declarou que “os futbolistas agora parecen mellores que hai dous meses”, pero, iso si, hai que seguir mellorando: “Que me fagan un gol dunha contra como o segundo do Zaragoza moléstame. Os dous primeiros goles son evitables”.VIA IG. @XALOMONTE

No hay comentarios:

Publicar un comentario