Actualizado 18 Marzo 2013 - 02:03 h.
|
o tã©cnico deportivista destaca que lendoiro ã© âun exemplo de direcciã³n de club no trato co adestradorâ susy suã¡rez
Ademais de expresar a súa felicidade pola vitoria no derbi galego, sentimentos que os lectores puideron palpar onte na primeira entrega da entrevista a Fernando Vázquez, o técnico tamén analizou polo miúdo a algúns integrantes do equipo, descubriu o proxecto que lle gustaría dirixir, asegurou que o club non lle debe cartos, deixou en bo lugar a Lendoiro e afirmou que hai viabilidade se a afección non decae.
-¿Como é o teu trato co presidente Lendoiro?
-Xa o coñecía, sei como se comporta, como se relaciona, estiven con el moitas veces e non era descoñecido para min. Como presidente, che apoia, falas con el unha vez por semana, vete despois do partido, sempre está contigo, nunca che pon unha mala cara, é comprensivo co adestrador. É un exemplo de dirección de club no trato co adestrador. Síntome moi avalado polo presidente. É o que pensaba del e non cambiei de opinión.
-¿Chamou demasiado tarde á túa porta?
-Se me preguntas a min direiche que si, claro, pero non mando, el ten que tomar a decisión. A min teríame gustado vir antes. No fondo sabía, intuía que me tocaría vir ao Deportivo nun momento complicado e difícil e niso non me equivoquei, pero era unha intuición que tiña, pero por min tería vido moito antes, claro.
-Acordámonos do tellado cando chove...
-Supoño que non se deu o momento axeitado para o Deportivo e para min, non coincidimos nalgúns momentos, noutros poderiamos ter coincidido pero o Deportivo foi por outro lado. ¿Que máis dá? É pasado, agora estamos aquí, nesta situación, hai que afrontala con optimismo, ser realistas e sacar o máximo partido dela. É o que intento.
-Miras para diante. ¿A relación ampliarase máis do inicialmente asinado?
-Quen sabe. O futuro é incerto e o que hai que facer é traballar no presente, facer o máximo, intentar axudar ao Deportivo a nivel deportivo para que a situación financeira mellore. Iso é o meu traballo. O demais non é a miña competencia. Dedícome ao meu, ao que me encargaron. Para min sería marabilloso poder axudar o club a superar estes momentos e encamiñalos cara a un futuro mellor.
-Cando Domingos dimite, é un momento de tensión, pero chegas ti e é coma se se calmase todo.
-É coma se a xente confiase en min e o agradezo. Trátase de crear unha corrente enerxética importante para conseguir facer algo grande. É o que soño e é o meu desexo e Deus queira que sexa así e que sempre esteamos xuntos, que pelexemos polo mesmo, que o equipo transmita enerxía, entusiasmo á afección, que se esforcen porque iso comunica moito coa grada.
-No primeiro listado de acredores figuras ti cunha débeda de case 400.000 euros. ¿É veraz?
-É erróneo. Eu asinei cando o club xa entrara en Concursal. O Deportivo a min non me debe nada. Será outro adestrador ou outra persoa. É falso.
-Lendoiro di que é viable o club. ¿Ti tamén o crees?
-Eu tamén o defendo, como non vai ser fiable. Non sei as contas, pero A Coruña pode defender un club en Primeira ou en Segunda. Non son economista, pero vendo os sentimentos, vendo Riazor ante o Celta, é moi difícil. Ao final vai depender da xente. Estou convencido. Se o deportivismo segue unido e detrás do club, por suposto é viable porque esa forza é imparable. O Depor non vai deixar de existir se a xente quere que exista.VIA IG. @XALOMONTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario